Pasar al contenido principal

A Fundación USC Deportiva organiza unha ruta de marcha nórdica pola costa de Dexo

A Fundación USC Deportiva organiza unha ruta de marcha nórdica pola costa de Dexo
A Fundación USC Deportiva organiza unha ruta de marcha nórdica pola costa de Dexo

A costa de Dexo, no concello de Oleiros, é o destino dunha saída de marcha nórdica ou nordic walking que organizará a Fundación USC Deportiva o próximo 7 de novembro. Poderá participar calquera persoa interesada en coñecer esta modalidade con independencia da experiencia previa. A marcha nórdica é unha nova actividade física en auxe en toda Europa polo seu gran valor para a saúde e consiste en camiñar co apoio de bastóns especiais utilizando unha técnica que ten a súa orixe no esquí de fondo.

A ruta do próximo mes dirixiraa María Cecilia García Carrara, licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, máster en Actividade Física e Saúde e especializada na impartición de cursos sobre marcha nórdica. Para o desenvolvemento da xornada e dentro dos 30 euros de cota de inscrición, a organización prestará bastóns a todas aquelas persoas que non dispoñan deles.

Quen desexe apuntarse a esta actividade deberá formalizar a súa inscrición a través da web da Fundación xa que o número de prazas está limitado a quince participantes. O prezo inclúe tamén a viaxe en autobús dende Santiago e unha visita ao Castelo de San Cruz.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.10.2015.