Pasar al contenido principal

Un proxecto de RedEmprendia no que participa a USC recibe case un millón de euros da UE

Un proxecto de RedEmprendia no que participa a USC recibe case un millón de euros da UE
Un proxecto de RedEmprendia no que participa a USC recibe case un millón de euros da UE
SOLA (Spin-Off Lean Acceleration) mellorará a formación do personal de incubadoras e parques científicos en América Latina e Europa

O proxecto SOLA (Spin-Off Lean Acceleration) de RedEmprendia vén de acadar preto dun millón de euros a través do programa Erasmus+ da Unión Europea para fortalecer iniciativas empresariais de alto impacto nacidas da universidade. Coa mellora da formación do persoal de incubadoras e parques científicos como obxectivo, no consorcio do proxecto participa a Universidade de Santiago de Compostela xunto ás europeas Autónoma de Madrid, Porto (Portugal), e della Calabria (Italia). De América Latina participan as brasileiras Estadual de Campinas e de São Paulo e as colombianas de Antioquia e EAFIT. SOLA enmárcase na estratexia de RedEmprendia -que conta para as súas actividades co apoio de Banco Santander a través de Santander Universidades- para impulsar a aceleración de startups e spin-off no ámbito universitario de Europa e América Latina. O proxecto persegue a mellora das competencias e habilidades do persoal técnico de incubadoras e parques científicos para identificar e consolidar empresas de base científica e tecnolóxica. Co financiamento da UE -que ascende a 924.892 euros- implantaranse itinerarios formativos en catro institucións de educación superior latinoamericanas e outras catro europeas. Os módulos formativos abordarán aspectos como a metodoloxía Lean Canvas, a redefinición estratéxica de startups, a propiedade industrial e certificación de calidade e a internacionalización de empresas. Estes contidos complementarán as competencias dos profesionais que asesoran e acompañan a quen busca emprender desde a Universidade. Sobre RedEmprendia RedEmprendia (www.redemprendia.org), integrada por 28 universidades de 8 países (Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, España, México, Perú y Portugal) e con Banco Santander e Universia como aliados estratéxicos, é a rede universitaria máis importante de Iberoamérica en emprendemento e transferencia de I+D. A rede desenvolve programas para apoiar a creación e o crecemento de empresas baseadas nos resultados da investigación universitaria aproveitando a experiencia e intelixencia colectiva dos seus socios e a súa capacidade de cooperación e innovación. Desde a súa creación en 2008 máis de 600 emprendedores e empresas se beneficiaron dos programas de RedEmprendia. Banco Santander apoia as actividades de RedEmprendia a través de Santander Universidades. O Santander colabora desde hai 18 anos co ámbito académico e mantén na actualidade 1.200 acordos de colaboración con institucións académicas de 20 países, e ata 2018 haberá destinado un total de 1.700 millóns de euros en apoio a proxectos de educación superior.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.09.2015.