Pasar al contenido principal

Eclipse total de lúa na madrugada do domingo ao luns

Eclipse total de lúa na madrugada do domingo ao luns
Eclipse total de lúa na madrugada do domingo ao luns
As predicións meteorolóxicas apuntan a que poderá verse en Galicia

Na noite do vindeiro domingo 27 ao luns 28 terá lugar una eclipse total de Lúa que se verá en toda a Península, tamén en Galicia tal e como se prevén as condicións meteorolóxicas. A última eclipse total de Lúa que se puido observar en España foi o día 15 de xuño de 2011, en tanto que a próxima será a do 28 de xullo de 2018. Nesa madrugada, as 2.12 horas producirase o primeiro contacto do satélite co cono de penumbra, pero será as 3.07 horas cando se inicie a eclipse parcial. A lúa permanecerá eclipsada totalmente desde as 4.11 ata as 5.23 horas, e a partir dese momento volverá a estalo parcialmente unha hora máis, rematando completamente a eclipse ás 7.22 horas. “Como aínda na fase total a lúa non chega a desaparecer de todo, amosará tonalidades vermellas, ocres e castañas debido aos raios tanxentes de luz solar que a atmosfera desvía cara a ela”, explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, en relación a un fenómeno popularmente coñecido como ‘lúa vermella’. Outros fenómenos En canto a eclipses de Sol, e logo da parcial do 20 de marzo deste ano, haberá que agardar ata o 10 de xuño de 2021 para poder ver outra desde Galicia. A próxima total visible na Península será o 12 de agosto de 2026. Ano e medio despois observarase unha anelar o 26 de xaneiro de 2028.

Aínda que, en xeral, as eclipses de Sol son máis numerosas que as de Lúa, para un lugar concreto sucede todo o contrario. Explícao o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo: “cando se produce unha eclipse de Lúa pódena ver todos os observadores que teñan o satélite enriba do horizonte, en tanto que as de Sol só se poden contemplar nunha determinada zona, que no caso das totais se reduce a unha estreita franxa de non máis de 200 quilómetros de ancho”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.09.2015.