Pasar al contenido principal

Esta noite entrégase o XIX Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia

Esta noite entrégase o XIX Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia
Esta noite entrégase o XIX Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia

Dende a súa creación en 1997, o Premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia galardoou a persoas e institucións senlleiras que traballan a prol da educación superior, procedentes de diferentes campos de coñecemento. Nesta ocasión entregaráselle no Salón Nobre do Colexio de Fonseca ao Programa Erasmus, que sucede aos concedidos ao científico sueco Lennart Levi (2014), a canle europea de noticias Euronews (2013), e o Colexio de Europa (2012). Recollerán o premio representantes europeos que participan na XXI Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades que se celebra este días en Santiago coa presenza de expertos na área da educación superior para debater os retos e desafíos das universidades e as oportunidades que lle ofrecen as rutas de aprendizaxe como o Camiño de Santiago. Previo á entrega do premio, nas primeiras sesións da mañá participan neste encontro figuras internacionais como o filósofo italiano Nuccio Ordine, o presidente do Consello Europeo de Investigación, Jean-Pierre Bourguignon, a directora-xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea, Martine Reicherts, o coordinador de Educación Terciaria do Banco Mundial, Francisco Marmolejo e o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, entre outros. As sesións da tarde resérvanse para o debate de iniciativas e propostas baseadas no Camiño de Santiago e outras rutas de aprendizaxe.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.09.2015.