Pasar al contenido principal

O XXI Maratón Fotográfico do Campus de Lugo arranca este martes na Casa do Saber coa recepción de participantes

Cartaz do XXI Maratón Fotográfico do Campus de Lugo
Cartaz do XXI Maratón Fotográfico do Campus de Lugo

O XXI Maratón Fotográfico do Campus, un certame organizado pola Área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá ao abeiro do programa Lugo Cultural, desenvolverase este martes, a partir das 10.00 horas, cando están citados todos os/as participantes na Casa do Saber.

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, o fotógrafo do Grupo Fonmiñá e coordinador do Espazo de Fotografía do campus lugués, Eduardo Ochoa, e a técnico especialista en actividades culturais no campus de Lugo, Carmen Xove, e recibirán os/as participantes na Casa do Saber, onde se dará a coñecer o tema proposto polo xurado para esta vixésima primeira edición dun certame fotográfico que repartirá 750 euros en premios, ademais de trofeos para os autores das dúas propostas máis valoradas polo xurado.

Unha vez rematada esta sesión de benvida, as persoas inscritas como participantes neste concurso fotográfico disporán dun prazo de 24 horas para facer as fotografías que decidan presentar a concurso, tanto aquelas relacionadas co tema proposto polo xurado como as de temática libre. O prazo para a presentación das propostas fotográficas rematará ás 14.00 horas do mércores, día 30 de setembro. As fotografías (carretes no caso da modalidade analóxica ou un CD coas imaxes gravadas, no caso da modalidade dixital) deben entregarse nas dependencias da Área de Cultura da USC en Lugo, sitas na sede da Vicerreitoría de Coordinación de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.09.2015.