Pasar al contenido principal

A Conferencia de Reitores de Universidades Españolas aproba medidas de axuda aos refuxiados

A decisión foi adoptada na asemblea xeral da CRUE celebrada este luns. Foto: CRUE
A decisión foi adoptada na asemblea xeral da CRUE celebrada este luns. Foto: CRUE

As universidades españolas, conscientes de que “non poden permanecer indiferentes ante o drama dos refuxiados ao que asistimos nos últimos meses”, acordaron onte na asemblea xeral da CRUE celebrada en Madrid á que asistiu o reitor Juan Viaño unha serie de medidas de axuda. Así, as universidadesfacilitarán o acceso ao estudantado refuxiado que teña a condición universitaria no su país de orixe así como a colaboración con aqueles refuxiados que sexan profesores universitarios. A maiores, promoverán accións de voluntariado entre o alumnado, en colaboración con outras administracións e axentes, especialmente naquelas disciplinas máis directamente relacionadas con este drama social.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.09.2015.