Pasar al contenido principal

Un representante do ministerio de Educación marroquí visita o campus de Lugo no marco dun proxecto de cooperación coa USC

Ezzarf Abdelouahid, entre Andrés Barreiro e Javier Bueno, na Vicerreitoría de Lugo
Ezzarf Abdelouahid, entre Andrés Barreiro e Javier Bueno, na Vicerreitoría de Lugo
Ezzarf Abdelouahid participou nun encontro cos vicerreitores Javier Bueno e Andrés Barreiro antes de visitar a insfraestruturas científicas do campus de Lugo

O xefe da División de Coordinación de investigación extra-universitaria na Dirección de Investigación Científica e Innovación do Ministerio de Educación de Marrocos, Ezzarf Abdelouahid, completou este xoves unha visita ao campus de Lugo no marco do proxecto proxecto Tempus ‘Medidas de acompañamento na montaxe, xestión e o seguimento de proxectos de cooperación internacional’ (MonProG), un programa coordinado pola propia institución académica compostelá e no que participan un total de 13 socios, entre os que figuran o propio Goberno marroquí, a través do seu Ministerio de Educación Superior e Investigación Científica, ademais de sete universidades do país norteafricano, así como outras institucións académicas de Francia, Italia e a propia USC.

Ezzarf Abdelouahid aproveitou a súa estadía en Lugo para participar nun encontro cos vicerreitores de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, Andrés Barreiro, antes de visitar as novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC (APLTA), ademais doutros centros de investigación da propia sede universitaria luguesa. O obxectivo da visita de Ezzarf Abdelouahid é semellante ao da comitiva universitaria marroquí que visitou a USC a finais do mes de xullo e responde ás premisas xa recollidas no proxecto Tempus, unha iniciativa financiada pola Comisión Europea e cunha duración de tres anos. De feito, este programa liderado pola USC ofrece a investigadores marroquís a oportunidade de coñecer de primeira man as estruturas de xestión e investigación da USC, especialmente todas aquelas ligadas aos procesos de xestión e tramitación de proxectos de cooperación internacional. O envío de investigadores marroquís á USC, tanto ao campus de Lugo como de Santiago, para ampliar a súa formación en distintos campos do coñecemento, é outra das posibilidades que contempla esta proxecto de cooperación internacional e na que semellan estar especialmente interesada a comunidade universitaria e o goberno de Marrocos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.09.2015.