Pasar al contenido principal

A Rede Igsea premia con 1.000 euros os mellores traballos de fin de grao ou fin de máster relacionados coa xestión sostible

Logo da Rede Igsea
Logo da Rede Igsea
O prazo de presentación de solicitudes a esta convocatoria rematará o 30 de setembro

A Rede de Investigación para a Xestión Sostible da Empresa Agroalimentaria (Igsea) premiará con 1.000 euros os mellores traballos de fin de grao ou fin de másteres oficiais relacionadas coa xestión sostible defendidos en calquera das tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) (USC, UDC e UVigo) no curso académico 2014-2015. O obxecto da convocatoria de este premio, que está aberta á participación de estudantes da USC, UDC e UVigo, é o de recoñecer e poñer en valor aquelas achegas relevantes no eido da xestión sostible da empresa agroalimentaria. As bases que regulan a convocatoria da primeira edición deste premio establecen un galardón de 700 euros brutos para a proposta mellor valorada polo xurado, así como un accésit de 300 euros para a persoa que acade a segunda mellor puntuación, ademais de cadanseu diploma acreditativo. A data límite de presentación de solicitudes é o 30 de setembro de 2015 e cada un dos traballos presentados deben incluír, ademais dun exemplar impreso do traballo e a cualificación académica obtida, o modelo de solicitude de participación neste concurso. A documentación, que debe ir dirixida ao coordinador da Rede Igsea, o profesor da USC na Facultade de ADE, Fernando Losada, poderá entregarse ou remitirse por correo certificado a calquera dos rexistros da USC. Xurado e procedemento O fallo do xurado, que se reunirá unha vez finalizado o prazo de presentación de propostas, será inapelable e comunicarase por escrito ao beneficiario do premio. O nome do gañador tamén ser fará publico no taboleiro de anuncios da Facultade de ADE da USC, así como na páxina web deste centro universitario e tamén na web da rede Igsea. A cerimonia de entrega do galardón desenvolverase ao longo do mes de outubro na Facultade de ADE do campus de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.09.2015.