Pasar al contenido principal

O máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio da USC bota a andar a súa sexta edición este martes na sede do Ibader

O máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio da USC porá en marcha este martes, día 15 de setembro, a súa sexta edición coa celebración do acto de presentación deste posgrao oficial, unha sesión que se desenvolverá a partir das 16.00 horas, na aula Luciano Sánchez García do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader).

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidirá a inauguración desta nova edición no máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio USC no marco dun acto, no que ademais dos estudantes inscritos, tamén participarán o director do Laboratorio do Territorio (Laborate) da USC e coordinador deste posgrao, David Miranda Barros; a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial de Lugo, Mari Teijeiro, e a concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Concello de Lugo, Daniel Piñeiro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.09.2015.