Pasar al contenido principal

O profesor Xesús Rodríguez preside en Berlín o congreso da Asociación Internacional de Investigación sobre o Libro de Texto e Material Didáctico

O profesor do Departamento de Didáctica e Organización Escolar Xesús Rodríguez presidirá este días en Berlín o congreso internacional da Asociación Internacional de Investigación sobre o Libro de Texto e Material Didáctico (IARTEM). A cita desenvolverase entre este venres 11 e o domingo 13 coa participación de docentes da Universidade compostelá, así como doutras universidades do resto de España. O programa conformarase a partir dunha serie de sesións paralelas que profundarán en cuestións como os medios comunitarios e librarías, utilización dos medios educativos, formación do profesorado ou selección ou avaliación dos recursos educativos, entre outras cuestións. IARTEM é unha das asociacións internacionais máis importantes a nivel internacional neste ámbito e a ela pertencen investigadores de máis de 50 países do mundo que realizan actividades de investigación neste ámbito. A directiva, da que o profesor Xesús Rodríguez forma parte en calidade de vicepresidente, está conformada por membros de Australia, Sudáfrica, Alemaña, Noruega, República Checa, Brasil, Reino Unido, Holanda e Francia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.09.2015.