Pasar al contenido principal

O CLM celebra este mércores 16 o exame de nivel

É un requisito para o alumnado que non coñeza o seu nivel de coñecemento dun idioma e desexa matricularse nos cursos anuais e do primeiro semestre do CLM

O alumnado interesado nos cursos do Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) terá este mércores 16 unha novoa oportunidade de realizar o exame que determina o seu nivel de coñecemento dun idioma. As probas realizaranse nos dous campus, Santiago e Lugo, con distintos horarios e lugares de celebración en función dos idiomas desexados. Unha oferta de idiomas maior, novas modalidades orientadas á aprendizaxe de linguas estranxeiras en contextos informais, o recoñecemento do traballo autónomo e novas vías de acreditación son algunhas das novidades que ofrece este ano o Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) para este curso 2015-2016. A matrícula para os diferentes cursos xa se pode formalizar ata o vindeiro 22 de setembro (agás español como lingua estranxeiras por ter un calendario específico). A principal novidade nesta nova convocatoria vén dada pola introdución das certificacións dixitalizadas e o avance na ampliación da oferta dos cursos semestrais de 40 horas de duración en Compostela, onde se impartirán cursos de alemán, francés e italiano, ademais dos xa consolidados como son os cursos de chinés, danés, lingua de signos, catalán, checo, portugués, ruso e xaponés. Ademais, estrearanse cursos de inglés semestral no segundo semestre. Polo que respecta ao Campus de Lugo, mantense a oferta semestral con clases de inglés e portugués e a incorporación de alemán e francés. Polo que respecta aos cursos anuais de 80 horas de alemán, francés e inglés, a oferta esténdese por igual aos dous campus. O CLM incorporará en 2015-2016 as horas de traballo autónomo, o que permitirá ao alumnado centrarse nas destrezas que máis necesita mellorar e así intensificar a súa aprendizaxe. Como explicou a directora do centro, esta medida, que garante a maior calidade para o/a alumno/a, reflectirase tamén no cómputo de créditos, “o alumnado pode recibir un crédito ECTS por cada 25 horas do curso”. Sumando as horas nesta modalidade coas das sesións presenciais, os semestrais contarán así cunha equivalencia de ata dous créditos e os anuais con ata catro. Tamén lingua de signos está igualmente recoñecida para a súa equivalencia en créditos ECTS.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.09.2015.