Hoxe luns inaugúrase a exposición ‘Trazos do pasado’
Unha mostra en colaboración co Incipit
O uso de novas tecnoloxías e ferramentas para a localización e investigación de sitios arqueolóxicos é o eixo central da exposición ‘Trazos do pasado’, unha mostra do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) en colaboración da USC que este luns 14 se inaugura ás 20.00 horas no Claustro do Colexio de Fonseca coa presenza da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Dolores Álvarez, e do director do Instituto do CSIC, Felipe Criado. A exposición céntrase especialmente nas chamadas tecnoloxías non invasivas, isto é, os métodos que permiten localizar, recoñecer e explorar sitios arqueolóxicos sen necesidade de intervir directamente sobre eles, de modificalos, e ás veces sen necesidade sequera de percorrer o terreo.