Pasar al contenido principal

O reitor preside este xoves o acto de benvida a estudantes estranxeiros

O reitor Juan Viaño preside este xoves 17 o acto de benvida aos estudantes estranxeiros, tanto Erasmus como dos programas de mobilidade internacional, que este curso se incorporan ás aulas da Universidade de Santiago. A sesión comezará ás 17.30 horas no Colexio de Fonseca coa recepción do alumnado e unha hora máis tarde o reitor dirixirase a eles para darlle a benvida. A continuación participarán nunha degustación gastronómica de produtos típicos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.09.2015.