Continúa aberto o prazo para solicitar unha Bolsa Santander de Prácticas en pequenas e medianas empresas
Xa está en marcha a quinta convocatoria do programa CRUE-CEPYME-Bolsas Santander de Prácticas en pemes, da que se poderán beneficiar 141 estudantes da Universidade de Santiago. O prazo de inscrición, tanto para o alumnado como para as empresas, remata o 31 de xaneiro.
Esta iniciativa proporciona prácticas de tres meses remuneradas cun total de 1.800 euros que financia integramente Banco Santander a través de Santander Universidades. O pasado ano, máis do 44% das persoas beneficiarias tivo a oportunidade de continuar na empresa tras a bolsa.
Será á Área de orientación laboral da USC quen se ocupe de asignar as prácticas de acordo a criterios de mérito, idiomas e valoración da candidatura por parte da empresa en entrevista persoal.
Requisitos imprescindibles
A Área de Orientación Laboral da USC sinala unha serie de pasos imprescindibles para non quedar fóra da convocatoria. Así, unha vez inscrita a través da web http://www.becas-santander.com/, a persoa solicitante debe enviar o seu curriculum vitae en formato pdf ao correo electrónico orientacion.laboral.santiago [at] usc.es (orientacion[dot]laboral[dot]santiago[at]usc[dot]es), indicando a dispoñibilidade xeográfica e a época do ano na que se poden realizar as prácticas.