Pasar al contenido principal

Sinatura dun convenio entre a USC e o Concello de Santiago no marco do IV Ciclo

O IV Ciclo é un programa formativo dirixido a persoas maiores de 50 anos con independencia do nivel previo

O reitor Juan Viaño e o alcalde do Concello de Santiago, Martiño Noriega Sánchez, asinarán este luns 21 un convenio de colaboración que facilite a participación na oferta educativa do Departamento de Educación e Cidadanía municipal ao alumnado do IV Ciclo, programa formativo dirixido a persoas maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel previo. A sinatura protocolaria do acordo celebrarase ás 11.30 horas no Concello de Santiago.

O Concello compostelá porá a disposición do alumnado do IV Ciclo todas aquelas iniciativas, programas, recursos e equipamentos municipais que favorezan o desenvolvemento dos obxectivos deste programa universitario para maiores.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.12.2015.