Pasar al contenido principal

Unha filóloga e unha matemática do ILG investigan a percepción dos falantes sobre a variación dialectal do galego

Unha filóloga e unha matemática do ILG investigan a percepción dos falantes sobre a variación dialectal do galego
Unha filóloga e unha matemática do ILG investigan a percepción dos falantes sobre a variación dialectal do galego

A filóloga Soraya Suárez Quintas e a matemática Laura Calaza Díaz, ambas as dúas investigadoras do Instituto da Lingua Galega (ILG), presentaron estes días na USC un traballo no que tratan de descubrir as intuicións dos non lingüistas con respecto á variación diatópica da lingua e coñecer as avaliacións valorativas que posúen sobre os diferentes dialectos do galego.

As investigadoras agardan que con esta investigación en procesamento e análise de datos de percepción sobre variación dialectal se obteña unha imaxe máis completa da realidade lingüística galega mediante o estudo dos coñecementos e reflexións dos falantes acerca da variación xeolingüística do idioma.

Para facilitar a análise, a recollida de datos realizouse mediante unha aplicación informática deseñada expresamente para esta tarefa. Toda a información recompilada foi explotada grazas ó uso de ferramentas GIS e do software estatístico R, o que permitiu identificar os factores que inflúen no recoñecemento das diferentes variedades dialectais e comparar os mapas mentais dos non lingüistas coas áreas delimitadas pola dialectoloxía tradicional.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.12.2015.