Pasar al contenido principal

Investigan na ETSE distintos métodos para desenvolver tecnoloxías dirixidas a eliminar contaminantes orgánicos

Adriana Arca defendeu a súa tese na ETSE (Foto: Iria, Biogroup)
Adriana Arca defendeu a súa tese na ETSE (Foto: Iria, Biogroup)
Adriana Arca explora en concreto o potencial oxidativo dunhas encimas fúnxicas que facilitarían a extracción cun aceite vexetal de baixo custo e biodegradable

O desenvolvemento de tecnoloxías para a eliminación de contaminantes orgánicos é o obxecto da investigación que desenvolveu Adriana Arca na súa tese de doutoramento e na que explora en concreto o potencial oxidativo dunhas encimas fúnxicas, as lacasas.

No traballo, dirixido por María Teresa Moreira e Gemma Eibes, do Grupo de Investigación de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos da USC, descríbese un proceso para eliminar contaminantes orgánicos hidrófobos de solos baseado na extracción cun aceite vexetal de baixo custo e biodegradable, e o seu posterior tratamento encimático nun reactor bifásico. Ademais, Adriana Arca avaliou unha serie de tecnoloxías baseadas no uso das lacasas, ben en reactores encimáticos de membrana cerámica, ou ben inmobilizadas en nanopartículas, para o tratamento de microcontaminantes de efluentes de depuradoras municipais, antes da súa descarga ao ambiente.

Da tese de doutoramento ‘Laccase-based technologies to remove organic pollutants from soils and wastewaters’ derivaron dúas patentes (esquemas en imaxes) e oito artigos, sete deles en revistas científicas indexadas no Scientific Citation Index: Applied Biochemistry and Biotechnology (IF: 1,735), Applied Microbiolgy and Biotechnology (IF: 3,668), Biochemical Engineering Journal (2,467), Chemical Engineering Journal (IF: 4,321), Process Biochemistry (IF: 2,516) e Environmental Science and Pollution Research (IF: 2.828).

Para esta investigación Adriana Arca realizou estadías no Institute for Ecopreneurship da University of Applied Sciences and Arts Northwestern Switzerland (Basel, Suiza) e no Department of Civil Engineering da Université de Sherbrooke (Sherbrooke, Canada). Estes méritos, xunto coa redacción e defensa da tese en inglés, permitíronlle atinxir a mención internacional de doutoramento.

Esquema do proceso de remediación do solo contaminado con contaminantes orgánicos hidrófobos empregando un aceite vexetal como disolvente (Esquema Patente nº 1) Esquema do reactor encimático de membrana cerámica (Esquema da Patente nº 2) Adriana Arca, no centro, cos directores e tribunal da tese (Foto: Iria, Biogroup) Foto de grupo dos asistentes ao acto de lectura da tese de Adriana Arca (Foto: Iria, Biogroup)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.12.2015.