Pasar al contenido principal

A residencia Jesús Bal y Gay entrega uns 350 quilos de víveres ao Banco de Alimentos a través dunha campaña solidaria

Voluntarios da residencia Jesús Bal y Gay con alimentos recollidos na campaña solidaria
Voluntarios da residencia Jesús Bal y Gay con alimentos recollidos na campaña solidaria

A campaña de recollida de alimentos promovida pola residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo permitiu recadar uns 350 quilogramos de víveres, na súa maioría produtos non perecedoiros, que xa foron entregados ao persoal voluntario do Banco de Alimentos, que se ocupará do seu reparto entre as persoas necesitadas.

O subdirector da residencia Jesús Bal y Gay, Javier Prieto, salientou o éxito dunha iniciativa solidaria que xa é tradicional entre os residentes deste centro universitario do campus de Lugo, ao tempo que trasladou os seus parabéns polo traballo desenvolvido aos dous bolseiros responsables da iniciativa, Yulen Constantino e Juan Beltrán, así como ao resto de estudantes residentes. A campaña solidaria de recollida de alimentos promovida pola residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo desenvolveuse ao longo dun semana, entre o 12 e o 18 de decembro, e estivo aberta á participación de todos os membros da comunidade universitaria, así como do público en xeral, que, como todos os anos, tamén se sumou a esta iniciativa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.12.2015.