Pasar al contenido principal

O Museo de Historia Natural da USC inaugura unha mostra temporal dedicada á colección mineralóxica Joaquín Pardo

O Museo de Historia Natural da USC inaugurará este venres 11 a exposición temporal dedicada á colección mineralóxica Joaquín Pardo, nunha sesión que presidirá o reitor Juan Viaño a partir das 13.00 horas. A colección de Joaquín Pardo é o resultado de máis de 50 anos de traballo en covas, entulleiras e minas, ademais de intercambios, doazóns e compras. Un dos atractivos da mostra será a reprodución dunha mina onde os visitantes poden facer un percorrido e descubrir nas paredes da mesma minerais da colección.

A exposición posúe un destacado valor científico e cultural, xa que ademais de conter representación de practicamente a totalidade das clases mineralóxicas, todos os exemplares están documentados axeitadamente. Así, ademais de contribuír de forma significativa a enriquecer o patrimonio do museo, a mostra achega novas posibilidades científicas, didácticas e culturais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.12.2015.