A USC e a Deputación de Lugo asinarán dous convenios para o fomento das titulacións de máster do Campus lugués e a potenciación dos cursos de verán na provincia
O reitor da USC Juan Viaño e a presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia López, asinarán este martes 11 dous convenios de colaboración para o desenvolvemento de másteres universitarios no campus lugués e para a potenciación dos cursos de verán na provincia. O acto protocolario de sinatura celebrarase a partir das 11.30 horas na Sala de Xuntas do Palacio Provincial. En ambos os dous casos, a USC e o organismo provincial impulsarán senllos plans de axudas. Estas dúas liñas de colaboracións inclúense no desenvolvemento dun plan específico de actividades carácter formativo, divulgativo e investigador orientadas a aumentar a visibilidade do Campus de Lugo así como a captación de estudantado universitario.