Pasar al contenido principal

Max-Jeans Zins e Rodríguez Fer ofrecen este martes un relatorio sobre memoria histórica na Casa do Saber

O profesor ad Honoren da Facultade de Humanidades da USC e ex director de Cooperación entre Francia e Asia do Sur, Max-Jeans Zins, e o profesor, poeta e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC, Claudio Rodríguez Fer, ofrecerán este mércores 2 de decembro, a partir das 19.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, un relatorio sobre memoria histórica.

Esta sesión, organizada pola Facultade de Humanidades do campus de Lugo ao abeiro do programa Encontros Internacionais: Cultura e Política, está aberta á participación de todo o público interesado na temática. A asistencia é libre e de balde ata completar o aforo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.12.2015.