Pasar al contenido principal

A USC recibe este martes os catrocentos estudantes coa mellor nota nas probas de Selectividade

Un ano máis, a Universidade de Santiago recibe os 434 estudantes de Ensino Medio de Galicia que este ano acadaron unha puntuación definitiva de nove ou superior na parte xeral das Probas de Acceso a Universidade na convocatoria de xuño. Quérese así recoñecer o esforzo dos mozos e mozas que terán máis posibilidades de optar á carreira universitaria que desexan. O acto terá lugar este martes, 1 de xullo, ás 18.00 horas no Auditorio de Galicia presidido polo reitor Juan Viaño e no que tamén intervirán a alumna con mellor cualificación (9,96), Patricia Martínez Paz, do IES San Rosendo de Mondoñedo, e o director do IES Río Miño de Rábade , Ángel Lage García. Asisten, ademais dos familiares e representantes de centros de Ensino Medio onde os estudantes cursaron o Bacharelato, os vicerreitores de Oferta Docente e Innovación Educativa, de Comunicación e Coordinación, e de Coordinación do Campus de Lugo, Roberto Javier López, José Pereira e Javier Bueno, respectivamente; o delegado da USC na CIUG, Jaime Romero; o coordinador do Programa ‘A Ponte’ , Luis Hervella; e o secretario do Consello Social, José Benigno Carril.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.06.2014.