Pasar al contenido principal

“A falta de fondos e a indiferenza política” amezan o potencial da innovación na xenética forense, segundo alertan os investigadores da rede de excelencia Euroforgen

Ángel Carracedo asistiu en Bruxelas ao encontro de expertos que puxo de manifesto a preocupación no mundo forense pola incidencia económica na investigación neste eido

A rede de excelencia European Forensic Genetics (Euroforgen) alerta de que nos últimos anos, os fondos dedicados a investigación xenética forense “foron drasticamente diminuído, tanto a nivel nacional como no plano europeo”. En opinión desta rede “a falta de fondos, así como a indiferenza política ameazan o potencial da innovación desta disciplina, con consecuencias dramáticas para a loita contra o crime e, polo tanto, da seguridade pública”. Esta é unhas das conclusións, presentadas esta tarde en rolda de prensa, da mesa redonda celebrada en Bruxelas arredor de expertos de Euroforgen e na que participou o catedrático da USC Ángel Carracedo quen quixo deixar constancia da “preocupación no mundo forense” ante a incidencia da crise económica no desenvolvemento das liñas de investigación neste eido científico. Como explicou o docente da USC, o campo da xenética forense non se atopa incluído como prioridade no programa europeo Horizonte 2020 (programa marco da UE de I+D+i para o período 2014-2020). En Bruxelas, xunto ao docente da USC participaron tamén José Labastida, responsable do Departamento de Xestión Científica do European Research Council; o presidente da rede europea de Institutos de Ciencias Forenses , Üllar Lanno; o coordinador do Euroforgen-NoE, Peter M. Schneider; e o profesor Robin Williams, do Centro de Ciencias Forenses da Universidade Northumbria de Newcastle. Como lembrou o profesor Ángel Carracedo, a USC encabeza a lista das institucións investigadoras que actualmente traballan no eido da medicina legal e as ciencias forenses, con 1.954 citacións no período 2011-2011, situándose por diante da Universidade de Münster, o Instituto de Medicina Legal de Berlín, o FBI ou o Servizo de Ciencias Forenses de Gran Bretaña.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.09.2014.