Pasar al contenido principal

As bibliotecas da USC abren os festivos do mes de maio

A Biblioteca Xeral permanecerá aebrta os días 1 e 29 de maio
A Biblioteca Xeral permanecerá aebrta os días 1 e 29 de maio

Varios centros da Rede de Bibliotecas da USC permanecerán abertos durante os festivos deste mes de maio. Deste xeito, as bibliotecas Concepción Arenal, a da Facultade de Ciencias Económicas e a Xeral, en Santiago permanecerán abertas este xoves 1 de maio, festivo nacional e o 29 de maio, festivo local en Compostela. Pola súa banda, os usuarios de Lugo poden acudir o xoves 1 de maio á Biblioteca Intercentros. Durante o mes de maio, as bibliotecas da USC manteñen un horario extraordinario por mor do período de exames. As bibliotecas Concepción Arenal, Intercentros e Xeral retrasan o seu peche ata as 3.00 horas da madrugada, comezando ás 8.30 horas durante a semana e abrindo as portas ás 10.00 horas as fins de semana e festivos. Ademais a Sala de Lectura da Facultade de Farmacia permanecerá aberta 24 horas durante todo o mes. Os usuarios dispoñen da conta en Twitter @BUSCHorarios para consultar horarios, centros abertos e nivel de ocupación. A programación extraordinaria das Bibliotecas e salas de lectura da USC, que comezou o pasado luns 21, ten por obxectivo optimizar a oferta de postos adecuándoos á demanda existente. De feito, a Biblioteca Universitaria negociou con representantes do alumnado os centros e horarios de apertura destes, tendo en conta o calendario de exames e a experiencia de anos anteriores. As bibliotecas da USC ofertan 6.593 postos de lectura individuais, abrindo unha media de 226 días ao ano e 74 horas á semana.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.04.2014.