Pasar al contenido principal

A Aula de Teatro da USC, escollida entre cincuenta candidaturas de todo o mundo para o programa de exhibición do X Congreso Mundial de Teatro Universitario

Cartel de 'Apnea (variación 2ª)'
Cartel de 'Apnea (variación 2ª)'

A Aula de Teatro da USC foi escollida entre máis de cincuenta candidaturas de todo o mundo para participar no programa de exhibición teatral que se celebrará en Bélxica no marco do X Congreso Mundial de Teatro Universitario entre os días 30 de xuño e 4 de xullo. O grupo universitario porá en escena a súa última produción ‘Apnea (variación 2ª)’. Esta peza recibiu recentemente o premio do público da Mostra Internacional de Ourense e o recoñecemento á mellor interpretación, concedido á totalidade do reparto, no Festival Internacional de Lituania. Estes dous recoñecementos súmanse ao outorgado polo xurado do XVIII Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior (Portugal) o pasado mes de abril cando lle concedeu á formación da USC un premio á mellor interpretación novamente ao conxunto de actrices e actores de ‘Apnea (2ª variación)’. A proposta da compañía teatral da USC pon en escena unha visión crítica da Galicia actual a partir dun texto orixinal do propio director da compañía, Roberto Salgueiro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.06.2014.