Pasar al contenido principal

O Club de Natación da USC acada trece medallas no Campionato Galego de Natación Máster de inverno celebrado en Ponteareas

O Club de Natación da USC acadou un total de trece medallas no Campionato Galego de Natación Máster de inverno celebrado recentemente en Ponteareas. Na mesma competición, María González estableceu un novo récord galego de 200 metros libres na categoría de máis de 30 anos e Diego Sotelo recibiu o trofeo como campión do circuíto de augas abertas 2013. Na categoría feminina María González colectou dous ouros en 100 metros estilos e en 200 metros libres; Elena Brozos foi prata en 100 metros braza; Rita Cabanelas, prata en 50 metros bolboreta; e Noelia Carrera, bronce en 50 metros costas. En homes, Pablo Cabanelas alzouse co terceiro posto en 400 metros libres, o mesmo resultado que Danel Rey quen tamén foi prata en 200 metros costas; Ernesto Smith alzouse ao segundo posto do caixón en 50 metros libres e 50 metros braza; José L. Fernández, prata en 100 metros bolboreta, e Jorge Mira, prata en 50 metros libres e bronce en 200 metros libres, completan o cadro de medallistas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.02.2014.