Pasar al contenido principal

O selo USC Editora estrea a serie CLAVE cunha obra sobre edición de textos de literatura española

O selo USC Editora estrea a serie CLAVE cunha obra sobre edición de textos de literatura española
O selo USC Editora estrea a serie CLAVE cunha obra sobre edición de textos de literatura española

A monografía colectiva Perspectivas críticas para la edición de textos de literatura española, baixo a coordinación da profesora Ermitas Penas, acaba de inaugurar a nova serie CLAVE do selo USC Editora, recentemente certificado por AENOR coa norma ISO 9001:2008 de sistemas de xestión da calidade. A serie CLAVE destínase a obras compilatorias colectivas de todas as disciplinas que sexan, a un mesmo tempo, prontuarios para a adquisición de competencias nunha materia e rigorosas actualizacións das últimas tendencias ou estados da cuestión para o estudo e máis completa comprensión da materia. O próximo volume da serie, de saída inminente, é Contemporary Developments in Emergent Literatures and the New Europe, baixo a coordinación de César Domínguez e Manus O'Dwyer. O selo USC Editora, rexistrado como marca europea, dá cabida a obras monográficas sometidas a un sistema dobre de avaliación por pares, internos e externos á Universidade de Santiago de Compostela. En opinión do director do Servizo de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés, a nova serie testemuña o dinamismo do selo USC Editora, aberto non só a novos orixinais nas series xa existentes senón a unha permanente revisión das modalidades editoriais na procura de liñas novidosas de traballo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.02.2014.