Pasar al contenido principal

O enxeñeiro Carlos A. Fernández Casanova fala este venres na EPS da xestión integral nun proxecto de depuración de augas

O enxeñeiro de Camiños, Portos e Canais da sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España e director facultativo das obras de ampliación e modernización da EDAR de Lagares, en Vigo, Carlos A. Fernández Casanova, ofrecerá este venres, día 21 de febreiro, a partir das 17.30 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo, un relatorio sobre a xestión integral dun proxecto no ámbito da depuración de augas.

A charla do enxeñeiro Carlos A. Fernández Casanova encádrase no ciclo de relatorios organizados polo centro universitario lugués co gallo da celebración do décimo aniversario da implantación dos estudos de Enxeñaría Civil na Universidade de Santiago. Fernández Casanova relatará na súa intervención as experiencias vividas durante o proceso de execución das obras xa acometidas na Estación Depuradora de Augas Residuais de Lagares e da xestión integral do proxecto. O relatorio está aberto á participación de todas as persoas interesadas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.02.2014.