Pasar al contenido principal

José Manuel Fernández Labastida, do European Research Council, presentará na USC as oportunidades de financiamento que ofrece o organismo europeo

O director do Departamento de Xestión Científica do European Research Council (ERC), José Manuel Fernández Labastida, presentará este mércores 19 no transcurso dunha conferencia as oportunidades de financiamento que o ERC oferta para os distintos grupos de investigación. A intervención de Fernández Labastida está incluída no programa de difusión de Horizon 2020 e celebrarase a partir das 12.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, nunha sesión na que estará presente ademais o reitor Juan Casares. A misión do European Research é fomentar a investigación de alta calidade en Europa a través de fondos competitivos e apoiar a investigación de vangarda impulsada polos investigadores de calquera campo a partir da base da excelencia científica. Coa súa actividade complementa outras actividades de financiamento en Europa como as dos organismos nacionais dedicados ao apoio á investigación e é un compoñente destacado do programa Horizon 2020, programa marco de investigación da Unión Europea para 2014-2020.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.02.2014.