Pasar al contenido principal

Dúas asociacións veterinarias presentan os seus programas de actividades e servizos aos estudantes de Veterinaria este martes

A Facultade de Veterinaria do campus de Lugo acubillará este martes, a partir das 16.30 horas na Aula 1, unha xornada de presentación das asociacións de veterinarios especialistas Avepa e Avede, dúas organizacións cuxos responsables informarán a estudantes de cuarto e quinto curso do grao en Veterinaria sobre o programa de actividades, servizos e prestacións que facilitan ou favorecen estes colectivos para os seus asociados.

O vogal da Asociación de Veterinarios Españois Especialistas en Pequenos Animais (Avepa) en Galicia, Carlos Seco, será o encargado de presentar aos estudantes de Veterinaria en Lugo as vantaxes que ofrece o colectivo profesional Avepa, que está a celebrar os 50 anos da súa fundación. A secretaria da Asociación de Veterinarios Especialistas Diplomados de España (Avede), a especialista europea en patoloxía clínica veterinaria, Ana Lanevschi Puentes, presentará o colectivo que representa aos estudantes de Veterinaria no transcurso dun acto no que disertará sobre a especialización veterinaria en Europa. As dúas asociacións veterinarias aproveitarán o seu encontro con estudantes de últimos cursos na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo para repartir documentación e diverso material informativo sobre os colectivos aos que pertencen.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.02.2014.