Pasar al contenido principal

A de Santiago atópase entre as universidades do mundo que realizan un maior esforzo en políticas de sustentabilidade

O obxectivo desta listaxe é alcanzar unha imaxe de como as universidades están respondendo ou afrontando os requirimentos da sustentabilidade
O obxectivo desta listaxe é alcanzar unha imaxe de como as universidades están respondendo ou afrontando os requirimentos da sustentabilidade
Sitúase no posto 96, de entre 301, do GreenMetric World University Ranking 2013

A Universidade de Santiago atópase entre as cen universidades de todo o mundo que realizan un maior esforzo en políticas de sustentabilidade e unha xestión universitaria favorable ao medio ambiente. Segundo o GreenMetric World University Ranking 2013, da Universidade de Indonesia, a USC ocupa o posto 96 dunha relación na que figuran 301 universidades de 61 países. Os resultados calculáronse a partir da información que as universidades proporcionan en liña. A información organízase baixo seis categorías principais: Escenario e Infraestrutura (15 % do resultado global); Enerxía e cambio climático (21%); Xestión de residuos (18 %); Uso de auga ( 10 %); Transporte (18 %); e Educación (18 % ). Na listaxe, a Universidade española mellor situada é a de Alcalá no posto 12, seguida da Autónoma de Madrid (posto 24), Politécnica de Valencia (45), Barcelona (90), Jaume I (95), Santiago de Compostela (96), Politécnica de Catalunya (110), Autónoma de Barcelona (126), As Palmas de Gran Canaria (176), Valencia (179), Navarra (187), La Laguna (192), Xaén (230), e a Universidade Rovira i Virgili (233). Nesta edición, o ránking experimentou un importante incremento no número de institucións participantes xa que o ano anterior figuraban 215 universidades de 49 países. Para a súa elaboración, seleccionáronse unha serie de criterios relacionados coa sustentabilidade e valorados tendo en conta o tamaño básico da institución, o seu emprazamento (urbano, suburbano ou rural) e o grao de espazos verdes de que dispón. Entre os datos valorados, tamén se avaliou o consumo de electricidade, auga ou xestión de refugallos, entre outras cuestións. O obxectivo é alcanzar unha imaxe de como a universidade está respondendo ou afrontando os requirimentos da sustentabilidade a través de programacións ou accións concretas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.01.2014.