Pasar al contenido principal

Semana de portas abertas nas actividades do Servizo de Deportes

O Servizo de Deportes celebra unha semana de portas abertas ata o próximo sábado 8
O Servizo de Deportes celebra unha semana de portas abertas ata o próximo sábado 8

Ata o próximo sábado 8, todas as actividades do Servizo de Deportes (agás as acuáticas, atletismo e tenis) estarán abertas á participación libre co obxecto de que as persoas interesadas podan coñecer a oferta da Universidade de Santiago no eido deportivo para este segundo cuadrimestre así como o traballo específico que se realiza en cada disciplina. No caso de grupos nos que o aforo estea completo, poderase observar o desenvolvemento da sesión e facer as consultas que se desexen aos monitores/as. Para aquelas persoas xa inscritas nalgún dos cursos ofertados polo Servizo de Deportes, ao longo desta semana poderán participar no intercambio de actividades para así coñecer outras que poidan ser do seu interese. A oferta deportiva da USC, tanto en Santiago como en Lugo, pode consultarse na web do Servizo de Deportes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.02.2014.