Pasar al contenido principal

Inaugúrase unha nova edición da exposición ‘Compostela. Un ano de Voz’

Preto de 60 fotografías conforman a mostra ‘Compostela, un ano de Voz’ que se inaugura este mércores 8 ás 20.00 horas no Colexio de Fonseca nun acto presidido polo reitor Juan Casares Long. Asisten, ademais dos fotógrafos, a secretaria xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Mar Sánchez; o director de La Voz de Galicia, Xosé Luís Vilela; o alcalde da cidade, Ángel Currás; e o vicerreitor de Extensión Cultural, Francisco Durán. Nesta cita obrigada da cidade –a exposición vai xa pola súa edición dezaseis- móstranse documentos que dan conta da realidade acontecida en 2013 e reflectida a través dos obxectivos dos habituais fotógrafos de La Voz de Galicia Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Paco Rodríguez e Sandra Alonso. Pero o transcorrer dos acontecementos, de enorme magnitude e transcendencia informativa nalgúns cosas, fixo tamén contar coa colaboración de profesionais como Mónica Ferreirós, Marcos Míguez e Víctor Mejuto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.01.2014.