Pasar al contenido principal

Última quincena para participar no Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC

Pódense presentar propostas ata o 14 de novembro

O conxunto da comunidade universitaria de calquera das universidades galegas, estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos, poderá participar na decimo cuarta edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC que repartirá cinco premios de 600 euros. O obxectivo é salientar aquelas ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais a curto e medio prazo. O xurado estará composto por representantes da USC así como das entidades colaboradoras, que avaliarán as propostas presentadas tendo en conta a súa viabilidade e factibilidade, o seu carácter innovador, grao de madurez da idea, mercado potencial e a presenza de políticas de igualdade. O prazo para participar nesta convocatoria do Programa de Creación de Empresas da USC (Uniemprende) finalizará o 14 de novembro. A inscrición realizarase de forma telemática cumprimentando o formulario dispoñible na web de Uniemprende.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.10.2014.