Pasar al contenido principal

Seis meses consumindo de balde produtos frescos da Praza de Abastos

Seis meses consumindo de balde produtos frescos da Praza de Abastos
Seis meses consumindo de balde produtos frescos da Praza de Abastos

Os estudantes que dende hoxe e ata o 28 de xuño consumirán de balde produtos frescos da Praza de Abastos recolleron os seus correspondentes bonos nun acto público na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega no que participaron o vicerreitor de Estudantes e Formación Continua, Francisco Duran; o presidente da Cooperativa de Mercado de Abastos, José Fernández; a concelleira delegada de Emprego, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis; e a xerenta do Mercado de Abastos, Marta Rey Boquete. A Universidade de Santiago de Compostela e a Praza de Abastos colaboran dende hai anos na concesión de bolsas de alimentación para o alumnado universitario coa pretensión de inicialo nos bos hábitos alimentarios e de consumo. Son cada ano dez as persas beneficiarias destas axudas, que teñen unha contía de 5 euros diarios a gastar de luns a sábado. Na convocatoria deste ano os agraciados son Verna Martínez Martín, Navia Rivas de Castro, Cristian Carbajales Neira, Miguel Vázquez Carrero, Jonatan Vázquez Vázquez, Stephanie Side Cobelas Cartagena, Javier Blanco Ramos, Rita García Seoane, Ana Rita Gonçalves Soares e Esteban Suárez Picado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.01.2014.