Pasar al contenido principal

Medicina conmemora o 125 aniversario de Francisco Asorey

A Facultade de Medicina pechará este venres 17 o programa de actos organizados con motivo da festividade do seu patrón cunha sesión na que se conmemorará o 125 aniversario de Francisco Asorey (1889-1961), escultor anatómico da Facultade. Nunha sesión que presidirá o reitor Juan Viaño, ás 11:30 horas procederase a inaugurar a nova Aula de Microscopía de Anatomía Patolóxica e a continuación terá lugar un acto académico no que o profesor Javier Jorge Barreiro, catedrático de Anatomía, pronunciará a conferencia ‘Asorey e a Facultade de Medicina’. Ao remate, no Claustro baixo da Facultade, descubrirase un monumento conmemorativo, obra de Cándido Pazos. Esta xornada porá o broche a un conxunto de actos que comezaron o pasado martes coa presentación, do libro Fuentes documentales y recursos docentes en Odontopediatría y Ortodoncia, do que son autores Xosé Antón Regos Varela, Jacobo Limeres Pose, Juan Seoane Romero e Marcio Diniz Freitas. Neste mesmo contexto tamén se presentou o libro do doutor Avelino Franco Grande titulado La medicina compostelana. 1847-1950. Retazos históricos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2014.