A USC celebra este venres unha xuntanza con equipos directivos e de orientación dos centros de ensino medio de toda Galicia
O reitor Juan Viaño presidirá este venres 17 a xuntanza que o programa A Ponte para equipos directivos e de orientación dos centros de ensino medio de toda Galicia. É unha xuntanza de coordinación das actividades que anualmente desenvolve a universidade compostelá a través do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC. A xuntanza desenvolverase a partir das 10.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Na axenda de temas a tratar, prestarase especial atención a cuestións de interese para o estudantado que cursa o último ano de ensino secundario. Tamén se revisará a programación de actos en centros de ensino medio e no entorno universitario, visitas, charlas temáticas, particularidades do programa de bolsas e axudas ao estudantado, oferta de titulacións ou probas de acceso á Universidade. Como novidade fronte a edicións pasadas, destacarase a importancia do estudo das linguas no ensino universitario, tema que tratarán o vicerreitor de Internacionalización, Carlos Salgado, e a directora do Centro de Linguas Modernas, Katerina Vlasakova.