Pasar al contenido principal

A Universidade de Santiago de Compostela, entre as mellores do mundo, segundo o `ranquing de Shanghai´

A Universidade de Santiago de Compostela recupera a súa posición no ranquing de Shanghai (ARWU), que ven de facerse público e que está elaborado pola Universidade Jiao Tong, situándose na edición deste ano 2014 entre as 500 mellores universidades do mundo, de entre as máis de 17.000 institucións de ensino superior existentes.

A USC, na clasificación xeral, está no tramo 401-500 mellores universidades do mundo e, xunto coas Universidades Politécnica de Cataluña, País Vasco e Zaragoza, como a novena das universidades españolas. As outras españolas que figuran entre as mellores son a Universdiade de Barcelona, Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, Valencia, Granada, Complutense de Madrid, Politécnica de Valencia e a catalana Pompeu Fabra.

A Universidade de Santiago de Compostela, na clasificación por Grandes Áreas de Coñecemento, que fai este Ranquing, está entre as 200 mellores do mundo na Área de “Matemáticas e Ciencias Naturais” (SCI), onde aparece no tramo 151-200, e na clasificación por materias sitúase en Matemáticas entre as 100 mellores universidades do mudo, no tramo 51-75, mellorando considerablemente respecto ao ano 2013, que estaba no tramo 151-200.

Este Ranquing Académico dás Universidades do Mundo (Academic Ranking of World Universities - ARWU) foi publicado por primeira vez en xuño de 2003 polo Centro das Universidades de Clase Mundial (Center for World-Class Universities - CWCU) da Escola Superior de Educación da Universidade Jiao Tongde Shanghái de Chinesa, e actualizase con periodicidade anual. ARWU utiliza seis indicadores obxectivos para clasificar as universidades do mundo, o número de alumnos e profesores que gañaron premios Nobel e medallas Fields, o número de investigadores altamente citados, o número de artigos publicados en revistas de Nature e Science, o número de artigos indexados en Science Citation Index - Expanded (SCIE) e Social Sciences Citation Index (SSCI), e o rendemento per cápita respecto ao tamaño dunha institución.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.08.2014.