Pasar al contenido principal

Presentación da programación do novo curso 2014-2015 do IV Ciclo da USC no auditorio da Casa do Saber de Lugo

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e o coordinador do IV Ciclo da USC na sede universitaria luguesa, Emilio Carral Vilariño, presentarán este mércores, a partir das 19.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, a programación deste programa de formación de maiores.

A sesión inaugural do novo ano académico do IV Ciclo Universitario, un programa formativo que botará a andar no mes de outubro e para o que aínda está aberto o prazo de matrícula, inclúe tamén unha conferencia, a cargo de Enrique Fraga, quen ofrecerá un relatorio baixo o título ‘Análise de riscos: pasado, presente e futuro’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.09.2014.