O CLM presentará este mércores a súa oferta docente para o presente curso
A oferta de cursos de idiomas do Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) para este curso presentarase en rolda de prensa este mércores 10 nun encontro cos medios de comunicación que comezará ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Intervirán o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López López, e a directora do CLM, Katerina Vlasakova. A matrícula no CLM, centro que o vindeiro ano cumpre corenta anos dende a súa fundación como Instituto de Idiomas en 1975, permanecerá aberta ata o próximo 26 de setembro. Catalán, checo, chinés, danés, lingua de signos, portugués, ruso, alemán, francés, italiano, inglés ou xaponés son algunhas das linguas que se poderán cursar na oferta docente do CLM para o presente curso, ao que hai que sumar a labor deste servizo como centro examinador de numerosos idiomas.