Pasar al contenido principal

Inauguración da quinta edición do Máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural na Escola Politécnica Superior

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, presidirá este venres, a partir das 17.30 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo, a inauguración da quinta edición do Máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural, un posgrao propio organizado pola Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (Pemade) da USC e que conta con financiamento de Confemadera Galicia.

O director do máster, o catedrático da USC Manuel Guaita; o alcalde de Lugo, José López Orozco, e o presidente de Confemadera Galicia, Elier Ojea, tamén participarán como relatores na apertura desta nova edición do Máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural, un posgrao único no sistema universitario español. Antes da celebración do acto inaugural propiamente dito, o catedrático do Departamento de Produción Vexetal da USC, Antonio Rigueiro, ofrecerá un relatorio baixo o título ‘Bosques e produción de madeira en Galicia’. Asemade, unha vez finalizada a sesión institucional de apertura do devandito posgrao, a secretaria de Confemadera Galicia ofrecerá unha intervención baixo o título ‘Galicia, madeira de líderes’. O arquitecto e membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Enrique Neure, pechará a xornada cunha exposición sobre o pasado e o presente da madeira.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.09.2014.