Pasar al contenido principal

Bronce para o profesor Xosé Luís Otero no Campionato de Europa de Veteranos ao aire libre

Xosé Luís Otero nunha carreira, con dorsal amarelo
Xosé Luís Otero nunha carreira, con dorsal amarelo

O profesor da USC Xosé Luís Otero Cepeda logrou a medalla de bronce nos 10.000 metros do Campionato de Europa de Veteranos ao aire libre que se disputa na cidade turca de Izmir. Otero, que competía na categoría de maiores de 60, conseguiu ese resultado cun rexistro de 38.36.42. Xosé Luís Otero correu ademais aproba dos 5.000 metros, na que cruzou a meta en cuarta posición cunha marca de 18.27.65.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.09.2014.