Pasar al contenido principal

Preséntase o 38 Congreso Europeo de Tiroides

Médicos, científicos, empresas farmacéuticas e asociación de pacientes de 60 países participan no 38 Congreso Europeo de Tiroides que entre os días 6 e 10 de setembro terá lugar no Palacio de Congreso se Exposicións de Galicia. No encontro profundarase en novas dianas terapéuticas, novas políticas de actuación e, en xeral, novos estudos que avancen no tratamento de enfermidades relacionadas coa tiroides. De especial modo tratarase o cancro de tiroides, o único que segue aumentando en frecuencia e xa é o quinto en incidencia en mulleres. Os detalles desta cita científica presentaranse en rolda de prensa este mércores 3 ás 12:00 horas na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Universitario Hospitalario de Santiago. Intervirán a vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Isabel Rodríguez-Moldes; o xerente de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde; o director científico do IDIS, José Castillo; a presidenta do Comité Local do Congreso, Clara Álvarez; e o copresidente, Ignacio Bernabeu.

Na rolda exporanse tamén os principais datos de enfermidades tiroideas en Galicia, a súa comparativa con España, así como os avances científicos máis.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.09.2014.