Pasar al contenido principal

Formación do Profesorado celebra este xoves unha xornada de acollida para novos estudantes dos graos de Infantil e Primaria

A Facultade de Formación de Profesorado de Lugo celebrará este xoves, a partir das 10.00 horas, no salón de actos do centro universitario, unha xornada de acollida para os novos estudantes matriculados nos primeiros cursos dos títulos de grao en Educación Infantil e Educación Primaria.

O decano da Facultade de Formación de Profesorado, Francisco Rodríguez Lestegás, presidirá esta sesión, no marco da que os membros do equipo decanal e os/as coordinadores/as dos títulos ofrecerán cumprida información sobre o funcionamento da facultade, a estrutura dos distintos títulos de grao impartidos, así como doutras cuestións que resulten de interese. Rodríguez Lestegás sinalou que este acto pretende ser unha sesión de benvida os novos estudantes/as da facultade, ao tempo que salientou a elevada matrícula xa rexistrada. Daquela, o decano de Formación de Profesorado sinalou que o título de grao en Educación Primaria xa pechou a matrícula con 94 persoas inscritas, catro máis das prazas ofertadas, mentres no título de grao en Educación Infantil xa se cubriron máis de 80 das 80 prazas ofertadas para o novo curso 2014-2015, dixo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.09.2014.