Pasar al contenido principal

Investigadores do grupo Histagra analizan en perspectiva comparada as políticas agrarias do fascismo

Os profesores e investigadores do grupo Histagra Lourenzo Fernández Prieto e Miguel Cabo Villaverde, xunto co docente da Universidade Autónoma de Madrid Juan Pan-Montojo, acaban de editar o traballo Agriculture in the Age of Fascism. Authoritarian Technocracy and rural modernization, 1922-1945. As políticas agrarias do fascismo son un tema non estudado dende unha perspectiva comparada e que no volume editado polos investigadores da USC ofrece unha visión xeral así como novas ideas referentes a Italia, Portugal, Hungría, Alemaña, Austria, España, Xapón e Francia. No seu conxunto, os autores desta proposta consideran que as políticas agrarias e rurais dos réximes fascistas tenden cara á modernización e que en moitos dos casos avaliados as iniciativas levadas a cabo nas décadas posteriores á guerra e na revolución verde eran moi semellantes. O libro, que publica a editorial Brepols, ten a súa orixe no seminario Fascism and Agriculture, organizado polo grupo Histagra en 2011 e conta con colaboracións entre outros, de Daniel Lanero, Ana Cabana, Alba Díaz Geada, Stefano Grando, Tatsushi Fujihara ou Édouard Lynch.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.09.2014.