Pasar al contenido principal

O Espazo de Fotografía do Campus de Compostela abre o próximo luns a preinscrición dos seus cursos para este ano

O Espazo de Fotografía do Campus de Compostela abre o próximo luns a preinscrición dos seus cursos para este ano
O Espazo de Fotografía do Campus de Compostela abre o próximo luns a preinscrición dos seus cursos para este ano

O Espazo de Fotografía do Campus de Compostela organizará ao longo deste curso académico catorce cursos que ofrecen a posibilidade de achegarse dun xeito práctico a diferentes aspectos da fotografía. A programación comezará o vindeiro día 22, se ben o prazo de inscrición comezará o luns 8 de setembro ata cubrir as prazas por rigorosa ode de inscrición. O alumnado de grao que realice varios dos cursos propostos cumprindo debidamente coa asistencia, poderán validar a súa participación por un crédito de grao por cada 25 horas. A programación inclúe un total de dez cursos que se desenvolverán en horario de tarde, os luns e mércores de 19.00 a 21.00 horas, abordando a historia da fotografía así como cuestións relativas a técnicas básicas e avanzadas de control da cámara ou ao procesado, o deseño dun proxecto fotográfico, seminarios monográficos de iluminación, creatividade ou street photography. Ademais, algúns destes cursos estarán dispoñibles en horario de mañá, os mesmos días, de 10.00 a 12.00 horas. As persoas interesadas poderán acadar máis información dirixíndose á Área de Cultura da USC (teléfonos 8818 11018 ou 8818 11103).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.09.2014.