Xornada de acollida de novos estudantes matriculados nos graos de Mestre en Educación Infantil e Mestre en Educación Primaria

A Facultade de Formación de Profesorado de Lugo celebrou este xoves unha xornada de acollida para os novos estudantes matriculados nos primeiros cursos dos títulos de grao en Educación Infantil e Educación Primaria que se imparten no centro universitario lugués.
O decano da Facultade de Formación de Profesorado, Francisco Rodríguez Lestegás, presidiu esta sesión, no marco da que os membros do equipo decanal e os/as coordinadores/as dos títulos ofreceron cumprida información sobre o funcionamento da facultade, a estrutura dos distintos títulos de grao impartidos, así como doutras cuestións que resulten de interese. Rodríguez Lestegás deu a benvida aos preto de 180 estudantes xa matriculados nos títulos de grao en Mestre de Educación Infantil e Mestre de Educación Primaria que cursarán estudos ao longo do curso 2014-2015 na facultade luguesa, ao tempo que lles informou sobre cuestións xenéricas sobre o funcionamento da facultade e tamén sobre a estrutura e as dinámicas do ensino universitario. Membros do euipo decanal e profesores da Facultade de Formación de Profesorado de Lugo