A USC participa na organización en Compostela de Biospain 2014
A USC participa na organización os días 24, 25 e 26 en Compostela da feira Biospain 2014, quinto evento do sector biotecnolóxico máis importante do mundo. A Universidade de Santiago terá presenza en diferentes stands da mostra, concretamente no da Xunta de Galicia, nos dos proxectos Innopharma e Transbio, así como no doutras entidades como IDIS ou Bioga e no desenvolvemento do programa científico coa presenza de investigadores e investigadoras universitarias. En Biospain 2014 participarán as principais empresas do sector biotecnolóxico español e internacional o que representará unha oportunidade para establecer ou reforzar vínculos e colaboracións dentro das xuntanzas de Partenering que se levarán a cabo. Ademais, como parte da feira tamén terá lugar unha Career Fair destinada a estudantes estean interesados en asistir ao encontro e contactar con empresas do sector con ofertas de traballo e con institucións que ofrecen cursos de formación especializada.