Pasar al contenido principal

Verán CampUSC conclúe a súa sexta edición logo de atender a preto de 350 rapaces

O programa de actividades incluía diferentes actividades deportivas, lúdicas e culturais
O programa de actividades incluía diferentes actividades deportivas, lúdicas e culturais

Verán CampUSC acaba de concluír a súa edición 2014, coa participación de preto de 350 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. Este é un programa que tenta facilitar a conciliación familiar e laboral ao tempo que concienciar dos beneficios que leva parella para a saúde a realización de actividades físicas e deportivas ao tempo que se tenta inculcar dun xeito lúdico valores como a disciplina, o esforzo, a dedicación ou o respecto ás normas. Na presentes edición, como xa sucederá en anos pasados, os/as participantes practicaron deportes de raqueta, natación, actividades de psicomotricidade, deportes colectivos, orientación ou xogos populares. Tamén se desenvolveron diferentes obradoiros con diferentes técnicas de modelaxe, pintura ou papiroflexia, xogos cooperativos así como visitas a lugares significativos da cidade coa finalidade de que coñeceran de preto a súa contorna.

O programa Verán CampUSC está organizado pola Fundación USC Deportiva a solicitude da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC e conta coa colaboración do Servizo de Deportes da USC, a Oficina de Igualdade de Xénero e a Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultura Don Bosco.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.09.2014.