Pasar al contenido principal

Presentación na Escola Politécnica do concurso de ideas para o logotipo do Grupo de Innovación Docente en Enxeñaría Civil

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, presentará este venres, día 11 de abril, a partir das 11.30 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica, a convocatoria dun concurso de ideas para a elaboración do logotipo do Grupo de Innovación Docente en Enxeñaría Civil.

O coordinador do grao de Enxeñaría Civil na Escola Politécnica Superior de Lugo, o profesor Alberte Castro, e un dos compoñentes do equipo de dirección do devandito centro universitario, tamén participarán na presentación desta nova iniciativa aberta á participación do estudantado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.04.2014.